Tuesday 07 de May de 2024

O Concello de Frades conmemorará o Día das Letras Galegas cun espectáculo de música infantil galega a cargo de Picadiscos Marifaltri


A actuación terá lugar o 17 de maio, ás 17:00 h, no multiúsos. Entrada de balde, previa reserva de praza no Concello antes do 15 de maio

O Concello de Frades conmemorará o Día das Letras Galegas cun espectáculo de música infantil galega a cargo de Picadiscos Marifaltri. Unha actuación que terá lugar no multiúsos de Frades o propio 17 de maio, ás 17:00 horas. A participación é totalmente de balde, se ben polas medidas preventivas contra a Covid-19 é necesaria inscrición previa no Concello de Frades ou no 981 695 567 antes do venres 15 de maio.

María Faltri, vogalista da Banda das Apertas de Magín Blanco, presentará en Frades un espectáculo orixinal e sorprendente: unha picadiscos de música infantil. Durante o seu espectáculo, de unha hora de duración, María brindaralle aos cativos e cativas de Frades unha escolla da mellor música infantil galega para que non deixen de cantar e bailar.